
|   |  |
|  |  |  | O Dado-Dadá é un Club de Jazz no que ademais teñen lugar outros actos culturais. Dende 1980 ano en que abreu as súas portas ó publico, ten unha intensa e variada actividade: musica jazz, clasica, folk, canción de autor, maxia, teatro, contacontos, presentación de libros e discos, conferencias, proxección de curtametraxes,...
|

|
Dende a presentación dos primeiros discos de Milladoiro desfilaron polo seu pequeno escenario grandes artistas tanto nacionais como internacionais: Pedro Iturralde, Barry Harris, Raimundo Amador, Juan Tamariz, Anthony Blake, Pepe Carrol, Ismael Serrano, Javier Krahe, Amaral... | |
Colabora no ámbito nacional co Instituto da Xuventude (INJUVE) na promoción de xoves músicos e con "Artistas en Ruta"(AIE) para a súas xiras. E a sede da Asociación Cultural galega 'A Musa' (Asociación de Música e Arte),é tamen o punto de encontro dos Magos galegos... |

| |

| Foi escenario da gravación do último disco do Mestre do Jazz español, Pedro Iturralde, titulado 'Etnofonías. Peregrinaxe musical a Compostela', producido por DADO-DADÁ RECORDS co que inaugura o seu propio selo discográfico (o primeiro de España creado para gravar, exclusivamente, os concertos de Jazz en vivo
e en directo e convertilos en discografía)... |
|
UN LUGAR IDEAL PARA A |
TERTULIA | |
 |
 |
|
|
| 

 |  | | | | © Dado Dadá S.L. 2008 | webmaster@dadodada.com
|  |
|